 |
 |


 |
 |
O choco é un cefalópodo, semellante á sepia pero de menor tamaño (ata 8 centímetros). O choco autóctono do municipio críase nas augas baixas da ensenada de San Simón, cando se alonxa o mal tempo. Adoita ser en abril cando hai unha maior presenza. Coas choivas, marcha ata zonas máis profundas facendo imposible a súa captura. A primeira edición da Festa do Choco foi no ano 1987. A data elexida para a súa celebración anual é a segunda fin de semana de maio, e o emprazamento oficial é o recinto feiral. Nesta festa podemos saborear diferentes receitas coma o arroz con chocos, a empanada de chocos e os chocos na súa tinta, e outros pratos máis innovadores coma os chocos con fabes ou con ostras. Para a degustación, a organización conta con varios postos de venta de racións. O programa de festas inclúe un concurso de degustación de receitas, que repartirá premios de diversa cuantía. Tamén teremos actuacións nocturnas con orquestas e atraccións durante todo o día para os máis pequenos.
Festa patrocinada por: Concello de Redondela
     |
 |
 |