 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Festa da Angula foi no ano 1968. A data elexida para a súa celebración anual é o domingo de Pascua, coincidindo coas celebracións en honor a San Telmo, o patrón de Tui. O emprazamento oficial é na rúa Compostela. Nesta festa podemos saborear a sabrosa angula preparada ó estilo tradicional (á vasca). Para a degustación a organización conta cunha gran carpa baixo a cal se servirá este excelente manxar. As angulas cocíñanse de cara ó público, e sérvense en cazola de barro, con pan, garfo de pao e viño albariño. Tamén teremos charangas para amenizar a festa. Os tickets poden adquirirse con antelación, cun prezo de 40 euros, en: Restaurante Cruceiro do Monte (Randufe - Tui), Cafetería el Pilar (Tui), La Jamoneta (Avda. de Portugal), Cafetería Boby (Paseo Corredera).
Festa patrocinada por: Comisión de Festas da Angula de Tui
     |
 |
 |