 |
 |


 |
 |
Esta festa e unha exaltación deste marabilloso producto das nosas Rías Baixas que se celebra co patrocinio do Concello de Vigo (Concellería de Cultura e Animación Sociocultural) e coa organización da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", dentro do programa das Festas do Cristo da Victoria, dando un carácter gastronómico e cultural ás mesmas, onde xunto á Festa do Polbo e a da Sardiña, exaltan a riqueza da nosa Ría de Vigo. A través desta festa queremos facer chegar o mexillón a toda a xente que nestes días se achega á nosa cidade. Duascentas persoas traballan na limpeza e cocción do mexillón dende as catro da mañán para así poder dar o mellor servizo ás persoas que acudan a degustar este molusco tan ben valorado por todos. A festa, que despois de tódolos preparativos do día anterior, comeza as 10:30 horas coa preparación do mexillón o vapor e a empanada de mexillón, logo de ler o Pregón e de facer a entrega do Mexillón de Ouro. A data elexida para a súa celebración anual é o último domingo de xullo, e o emprazamento oficial é O Parque de Castrelos. Para a degustación, a organización conta cun posto de venda de tikets, un posto de entrega de mexillón e empanada e un posto para entrega de bebidas . Os prezos das racións son de 4 euros (incluído pan e limón), e as porcións de empanada a 3 euros.
Festa patrocinada por: Concello de Vigo
     |
 |
 |