 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Festa do Polbo foi no ano 1989. A data elexida para a súa celebración anual é o segundo domingo de agosto, e o emprazamento oficial é o Parque Forestal do Monte dos Pozos. Nesta festa podemos saborear o polbo á feira e empanada. Para a degustación, a organización conta con dous postos de venta de racións. Un para socios da entidade e outro para o público en xeral. Os prezos das racións de polbo son de 6 euros, e as porcións de empanada son a 3 euros. O programa de festas inclúe actuacións para todos os gustos: charangas, actuacións folclóricas, parque de diversións para os cativos, grupos de animación e de teatro, e fin de festa con orquestra.
Festa patrocinada por: Concello de Vigo
     |
 |
 |