 |
 |


 |
 |
Dende hai máis de 40 anos, celébrase en Ribadavia a "FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO", declarada de Interese Turístico Nacional. Miles de persoas de toda Galicia e de outras rexións da península e o extranxeiro danse cita aquí para degustar os nosos apreciados e saborosos caldos. Na feira compróbase a evolución na elaboración e presentación deste "Gran producto do Ribeiro", que alcanza altas cotas, tanto a nivel nacional coma internacional. Os viños da comarca do Ribeiro están acollidos á Denominación de Orixe Ribeiro, garantindo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro a súa calidade. Máis de 150 viños foron expostos en pasadas edicións. Congréganse arredor de 62 adegas galegas, das que 40 teñen caseta propia e 22 un ministand. Esta Feira do Viño do Ribeiro conta ademais cun completo programa de actos con interesantes actuacións musicais, mercado artesanal, degustación gastronómica, exposición de maquinaria e outras exposicións de gran interese, así como dun concurso de cata popular.
Festa patrocinada por: Concello de Ribadavia
     |
 |
 |