Volver al inicio
CastellanoInicio > Festa do Lacón con Grelos




Festa do Lacón con Grelos
Cuntis  Pontevedra  MAPA  21 febreiro 2010


A primeira edición da Festa do Lacón con Grelos foi no ano 1997. O emprazamento oficial da festa é a Praza da Constitución (diante do Concello). Nesta festa podemos saborear un xantar de lacón con grelos pero tamén as filloas, prato típico destas datas e feito por filloeiras e filloeiros ó máis puro estilo tradicional, algo que forma parte do atractivo turístico do día. Dende primeira hora da mañá están nesta praza baixo unha enorme carpa elaborando as filloas nos filloeiros para que todas as persoas poidan ver, de preto, todo o proceso de elaboración. Para o xantar poderase facer unha reserva previa para grupos. O programa de festas inclúe mostras: “A Camelia no Lacón con Grelos”, “O entroido en Cuntis”, “Escola de pizarra e pizarriño”, “Cerámica de Castrolandín”; obradoiros de artesanía tradicional para nen@s e maiores: palilleiras, cestaría, tear, xoguetes tradicionais, olería, cristal soplado,…; obradoiros de entroido: elaboración de máscaras de entroido, maquillaxe do chapante; así como actuación da Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis, Representación do Alto dos Xenerais da Ulla e, finalmente, velorio e enterro do Chapante.

Festa patrocinada por: Concello de Cuntis


 


TURGALICIA




TURGALICIA
© VyP Estudio Gráfico. Tel. 672 457 111. Aviso Legal