Volver al inicio
CastellanoInicio > Festa da Cachucha




Festa da Cachucha
O Carballiño  Ourense  MAPA  14 febreiro 2010


O Entroido ten dende fai 15 anos a súa compoñente gastronómica na vila do Arenteiro, coa ’Festa da Cachucha’, que organiza o Concello do Carballiño coa colaboración dunha ducia de establecementos hostaleiros. No vindeiro Domingo de Entroido, unha carpa con capacidade para 300 persoas dará cobixo ó mediodía ó xantar oficial da festa, cun menú composto por cacheira, lacón, chourizo, carne cocida, verdura e patacas, seguido de postre, café e licores. O prezo do menú foi fixado en 17 euros para o público en xeral, pero rebáixase ata os 12 euros para aqueles comensais que acudan disfrazados ó recinto da Praza do Emigrante, nun xeito de fomentar o ambiente do Entroido. Un total de 12 restaurantes e mesóns do casco urbano tamén ofrecerán un xantar típico nesa mesma data.

Festa patrocinada por: Concello de Carballiño


 


TURGALICIA




TURGALICIA
© VyP Estudio Gráfico. Tel. 672 457 111. Aviso Legal