 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Festa da Troita foi no ano 1967. A data elexida para a súa celebración anual é o último domingo de maio, e o emprazamento oficial é a Alameda de Ponte Caldelas. Nesta festa podemos saborear a troita nas súas diferentes preparacións. Para a degustación, a organización conta coun stand de degustación. Os prezos das racións son de 3 euros. O programa de festas inclúe un concurso de pesca deportiva na que participan aficcionados de toda Galicia, así coma diferentes exposicións, concursos de carteis, fotografía, redacción,… Tamén teremos actuacións nocturnas con orquestras e atraccións durante todo o día.
Festa patrocinada por: Concello de Ponte Caldelas
     |
 |
 |