 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Feira do Viño foi no ano 1982. Os postos de venda e mostra dos viños dos distintos colleiteiros que participan no certame, instálanse na Rúa Real. As actividades inícianse coa apertura oficial do recinto feiral. Normalmente a inauguración da Feira correspóndelle a algunha personalidade do mundo da política. Un dos actos centrais da Feira do Viño de Quiroga é o pregón no recinto feiral, cada ano é ofrecido por personaxes de sobrado recoñecemento e trátase dun acto que agrupa a moitísimo público. No recinto da feira, ademais do viño, véndense todo tipo de productos típicos: pan, mel, aceite, augardente, castañas secas, etc.
Festa patrocinada por: Concello de Quiroga
     |
 |
 |