 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Mostra do Aceite de Quiroga foi no ano 2000. A mostra celébrase no Lugar das Farrapas, na parroquia de Bendilló, na almazara de Guillermo Nogueira. O conxunto das Farrapas foi acondicionado para albergar ós distintos postos onde os colleiteiros poñen á venda aceite elaborado en Quiroga e todo tipo de productos de elaboración artesanal: castañas secas, viño, mel, licores caseiros, madalena de castaña, pan da casa, etc. A actividade central da mostra é a posibilidade de contemplar o proceso íntegro da elaboración artesanal do aceite, seguindo a tradición que se perde na memoria dos tempos. Durante todo o día realízanse dúas moendas completas para delicia dos visitantes. No recinto da mostra pódese adquirir aceite de Quiroga e todo tipo de productos típicos da zona, elaborados artesanalmente. A mostra inclúe actuacións de música tradicional durante todo o día a cargo de grupos de Quiroga. Tamén temos a posibilidade de xantar no lugar das Farrapas, xa que se instala unha carpa con pulpo e carne á brasa.
Festa patrocinada por: Concello de Quiroga
     |
 |
 |