 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Feira do Viño de Amandi foi no ano 1980. A data elexida para a súa celebración anual é o sábado e o domingo de Ramos (cando se inicia a Semana Santa), e o emprazamento oficial é a Praza do Concello de Sober. Nesta festa podemos catar o afamado Viño de Amandi, que se pon á venda nos diferentes postos das adegas, pertencentes á Denominación de Orixe Ribeira Sacra - Subzona de Amandi. Tamén podemos atopar postos de gastronomía e artesanía tradicional como a olería de Gundivós. Esta festa foi declarada Festa de Interese Turístico no ano 2000. O programa de festas inclúe precatas e cata oficial nas cales se valoran a excelente calidade destes viños, actuacións nocturnas con orquestras e atraccións durante todo o día.
Festa patrocinada por: Concello de Sober
     |
 |
 |