 |
 |


 |
 |
A primeira edición da Festa do Caldo Galego de Mourente foi no ano 1991. A data elexida para a súa celebración anual é o segundo domingo de marzo. Arredor de medio centenar de veciños da parroquia de Mourente colaboran voluntariamente na preparación de todos os ingredientes. O caldo galego é un dos pratos máis populares da cociña tradicional galega. O caldo que se prepara nesta festa está elaborado con fabas, patacas, grelos, repolo, óso de xamón, galiña ou polo, costela de porco, costela de tenreira, cacheira de porco, chourizos e unto. Os prezos das racións son de dous euros, que é o que custa a cunca de barro, e pódese repetir as veces que se queira. O programa de festas inclúe actuacións de grupos folclóricos, actuacións nocturnas con orquestras e atraccións durante todo o día para os máis pequenos.
Festa patrocinada por: Concello de Pontevedra
     |
 |
 |